Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kassius Robertson sentencia o "seu" Obradoiro no último cuarto

Kassius Robertson sentencia o "seu" Obradoiro no último cuarto

O escolta apareceu no último cuarto con tres triplas para encamiñar a vitoria de Valencia Basket (85-79)

G24.gal 08/10/2023 19:19

Ata o último cuarto Kassius Robertson estaba facendo un partido discreto. O ex-xogador de Obradoiro, máximo anotador da ACB a temporada pasada, asinaba tres puntos e tiña pouco protagonismo. Pero no período decisivo, a achega de Robertson resultou decisiva con tres triplas, unha delas con tiro libre adicional. O Valencia Basket impúxose por 85-79 a un Obradoiro que nunca lle perdeu a cara ao partido. 

De feito na primeira parte mantivo a cabeza no encontro durante case todo o tempo. Comezou moi ben (11-18) con Pustovyi e Scrubb facendo moito dano. O Valencia reaccionou na parte final do primeiro cuarto (21-20) pero outra vez o equipo santiagués volveu estar mellor e chegou ao descanso un arriba (35-36). 

A dinámica mantívose ata o 42-46. Nese intre o Valencia conseguiu un parcial de 9-0 (51-46) e xa non soltaría o mando do encontro. Ben é certo que nunca se foi por máis de sete puntos, pero o Obradoiro xa non volvería estar por diante. Fixo a goma (65-58), pero entrou no último minuto con posibilidades (80-77). A xestión do final favoreceu un Valencia máis experimentado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos