Julen Lobete, un dianteiro de futuro para o Celta
Asina para as vindeiras catro temporadas, as dúas primeiras con ficha do filial

O Celta fixo oficial a fichaxe de Julen Lobete, procedente da Real Sociedade. O nome de Lobete saíra desde a operación que levou a Brais Méndez ao equipo donostiarra e concretouse nas últimas horas coa sinatura do contrato.
Lobete firma para as vindeiras catro temporadas, as dúas primeiras con ficha do filial. Lobete será xogador do primeiro equipo a todos os efectos e tentará gañarse un posto ás ordes do Chacho Coudet. Outra posibilidade é a da cesión nesta primeira temporada para gozar de máis minutos pero dependerá de como quede o cadro de xogadores ao final do mercado de verán.
Julen Lobete (do ano 2000) é un xogador formado nas categorías inferiores da Real Sociedade. Destacou como goleador no último ano xuvenil (18 tantos) e co Sanse acadou o ascenso á Segunda División e debutou co primeiro equipo a temporada pasada. En catorce partidos foi quen de marcar dous goles. Pode xogar en banda ou por detrás do punta.