Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Tubío considera que a investigación ten falta de apoio e recoñecemento

José Tubío considera que a investigación ten falta de apoio e recoñecemento

O investigador galego é un referente no campo da xenómica do cancro

 

G24.gal 03/07/2022 14:13 Última actualización 03/07/2022 14:57

José Tubío dirixe o grupo xenomas e enfermidade do CiMUS da Universidade de Santiago, integrado por unha vintena de investigadoras e investigadores. Explica que a investigación é unha competición, que el decidiu xogar desde Galicia.

"Xogar a nivel de Champions League desde a esquiniña de Europa é moito máis complicado que desde Madrid, Barcelona, Alemaña ou os Estados Unidos. Ten un pouquiño máis de mérito, pero un mérito que non é recoñecido".

Os seus descubrimentos no campo da xenómica do cancro son referente en todo o mundo e camiñan na liña da medicina personalizada.

"As expectativas son que todo o mundo poida ter un xenoma secuenciado desde que nace e que iso axude a comprender mellor as pataloxías que poida ter no futuro e que se lle poida dar un tratamento axeitado e personalizado".

Cando se desatou a pandemia actual, o seu grupo centrouse en investigar a covid.

 "Somos o primeiro laboratorio en obter as secuencias da covid aquí en Galicia, o xenoma completo da covid".

José Tubío opina que os cartos dedicados á investigación da covid foron insuficientes, chegaron tarde e investíronse mal. Ao seu xuízo, nin sequera nese momento se lle deu á investigación o recoñecemento que merece.

"Non só houbo persoal sanitario traballando detrás da covid senón que houbo moito persoal investigador, moitos biólogos, moitos biotecnólogos traballando contra a covid, e non se lles deu recoñecemento en ningún momento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade