José Manuel Rey asume con maioría absoluta do PP o seu segundo mandato en Ferrol
Co apoio dos seus trece edís Rey Novoa devólvelle a cidade ao PP tras dúas lexislaturas gobernadas pola esquerda
O pleno de constitución do concello de Ferrol celebrouse este mediodía coa proclamación, como estaba previsto pola maioría absoluta do PP, de Francisco Rey Novoa, que asume por segunda vez a alcaldía da cidade.
Estivo acompañado no acto por Alfonso Rueda, o vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, a conselleira de Política Social, Fabiola García, e o vicesecretario de Organización do PP, Miguel Tellado.
200 veciños tamén estiveron no salón de actos na investidura do novo alcalde da cidade.
Tras recibir por segunda vez o bastón de alcalde, Rey Varela dixo que está máis preparado ca nunca para esta responsabilidade. Ofreceu traballo, prudencia, perseverancia e diálogo para construír o futuro da cidade e avanzou que mañá mesmo empezará a falar cos funcionarios para mellorar os servizos públicos.
Ángel Mato, alcalde saínte e líder agora da oposición ofrécelle colaboración leal para continuar os proxectos que a cidade ten en marcha.