Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		José Juan: “Sabemos que é difícil, pero temos ilusión en repetir o do pasado ano”
O porteiro galego repite eliminatoria diante do Real Madrid
                            G24.gal
                        
                            05/01/2022 09:59
                        
                        
                        
                        
                    
                    O porteiro galego do C. D. Alcoyano, José Juan, xogou onte Ao contraataque na sintonía da Radio Galega para analizar a eliminatoria de Copa que enfronta esta noite ao seu equipo contra o Real Madrid por segundo ano consecutivo.
José Juan é consciente da dificultade de poder eliminar o equipo branco por segundo ano seguido, mais cre que con traballo, ilusión, o apoio do público e a sorte suficiente poderán alcanzar o obxectivo.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        