Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Fontán, presentado polo Go Ahead neerlandés

José Fontán, presentado polo Go Ahead neerlandés

O vilagarcián buscará minutos como cedido nos Países Baixos

G24.gal 18/06/2022 22:05

O vilagarcián José Fontán foi presentado de xeito oficial polo que será o seu equipo na temporada 22-23. Fontán chega ao fútbol neerlandés en calidade de cedido polo Celta para coller minutos e experiencia. 

O xogador de 22 anos, internacional sub21, só puido xogar 273 minutos na Liga esta temporada repartidos en nove encontros. Custoulle atopar oco como lateral esquerdo, onde Galán foi indiscutible, e como central. Mesmo lle gañou a partida o xogador do filial Carlos Domínguez. 

Fontán comezou xogando nas categorías inferiores do Arousa e chegou ao Celta en idade alevín. Pasou por todas as categorías do club ata debutar co primeiro equipo en 2020. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade