Cargando resultados...
José Castro Tubío, premio Nacional de Investigación en Cancro
Dirixe na USC un equipo de 20 investigadores especializados en cancro
Os seus achados permitirán mellorar as terapias e adiantar os diagnósticos
José Castro Tubío traballando nun laboratorio do CIMUS
ana lois
20/12/2021 19:45
O investigador do CIMUS da Universidade de Santiago José Castro Tubío recibe o Premio Nacional de Investigación en Cancro.
Tubío dirixe un grupo de 20 investigadores especializados en localizar os procesos que necesitan as células canceríxenas para medrar.
Tamén identificou novos mecanismos de mutación do cancro, a dinámica das metástases ou os xenes que interveñen nos cancros transmisibles.
Os seus achados son determinantes para dar con novas terapias e tamén para dianosticar os tumores de xeito temperán.