José Alberto Pazos Couñago, novo voceiro do PP no Parlamento de Galicia
Rueda propón o deputado pontevedrés para substituír a Pedro Puy

Alberto Pazos será o novo voceiro do PPdeG, no parlamento galego. A ampla experiencia de Pazos, tanto a nivel parlamentario coma do partido, en política municipal e autonómica, aseguran desde o PP de Galicia, fai que sexa o candidato ideal para suceder a Pedro Puy no cargo.
Pazos leva desde 2016 no Parlamento, foi voceiro de Exteriores e Cooperación, de Política Social e de Sanidade. Actualmente era vicevoceiro segundo do grupo popular.
Pazos é licenciado en Dereito, ten un máster en asesoría xurídica de empresas e forma parte do Parlamento de Galicia desde as eleccións de 2016, aínda que xa fora brevemente deputado no ano 2013.
Ademais, foi deputado provincial e, entre 2013 e 2016, director xeral de Administración Local na Xunta, dentro da Vicepresidencia. Alberto Pazos tamén ocupou cargos importantes na estrutura do PPdeG: entre 2016 e 2022 foi secretario de organización e, desde 2022, vicesecretario de Familia.