Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Vilda: "Non lle desexo a ninguén o que estiven pasando estes días"

Jorge Vilda: "Non lle desexo a ninguén o que estiven pasando estes días"

Vilda: "Quero facer un chamamento a todas os xogadores que adestrei. Desde aquí reto a que calquera salga e diga que non houbo respecto"

Hai dúas galegas na convocatoria: Tere Abelleira e Nuria Rábano

 

G24.gal 30/09/2022 16:39 Última actualización 30/09/2022 16:58

Jorge Vilda, seleccionador español de fútbol, anunciou este venres a lista de 23 xogadoras convocadas para os amigables ante Suecia (7 outubro) e os Estados Unidos (11), na que non está ningunha do quince futbolistas críticas coa súa xestión nin as capitás Jennifer Fermoso e Irene Paredes e destaca a presenza de nove integrantes do Real Madrid.

Desta forma, na lista facilitada por Vilda non están Sandra Panos, Lola Gallardo, Ainhoa Vicente Moraza, Andrea Pereira, Laia Aleixandri, Mapi León, Leila Ouahabi, Ona Batlle, Patri Seixo, Lucía García, Mariona Caldentey, Aitana Bonmatí, Claudia Pina, Nerea Eizagirre e Amaiur Sarriegi, que foron o quince que hai uns días mandaron un correo á RFEF solicitando non ser convocadas ata que non cambien certas "situacións que afectan o estado emocional, persoal e de rendemento".

Entre as ausencias tamén destacan as de dúas capitás, Irene Paredes e Jenni Hermoso, a pesar de que non mandaran a carta como as súas outras quince compañeiras, así como a de Alexia Putellas, que segue recuperándose dunha lesión.

"Non lle desexo a ninguén o que estiven pasando estes días".

"Quero facer un chamamento a todas os xogadores que adestrei. Desde aquí reto a que calquera salga e diga que non houbo respecto".

Hai dúas galegas na convocatoria: Tere Abelleira e Nuria Rábano.

O adestrador di que a solución está nas 23 xogadoras convocadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar