Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado remata o mundial de motocrós no terceiro chanzo do podio

Jorge Prado remata o mundial de motocrós no terceiro chanzo do podio

Na súa terceira temporada na máxima categoría, o lucense recolle o seu mellor resultado

G24.gal 04/09/2022 16:35

Jorge Prado acabou o Mundial de motocrós na terceira posición despois de defender a praza no podio do acoso de Coldenhoff e Renaux na última proba do campionato. É a mellor clasificación histórica de Prado na categoría raíña do MXGP logo do 6.º posto de 2020 e o quinto da temporada pasada. O título xa o tiña no peto Gajser desde había un par de probas e a segunda posición asegurouna Seewer. 

No Grande Premio de Turquía estaba en xogo o Top3 desde Mundial. Saíu a por todas Maxime Renaux que logrou a vitoria na primeira manga e conseguiu poñerse a só seis puntos do galego que mantivo a raia a Coldenhoff, o outro aspirante a esa terceira posición. Rubén Fernández tivo unha caída que o eliminou da proba nunha temporada que foi de máis a menos para o piloto vigués. 

Na segunda manga había moito en xogo e Jorge Prado puido aguantar os ataques de Coldenhoff e Renaux. O francés, moi ambicioso, foi ao chan cando marchaba na segunda posición, unha circunstancia que lle deu moita tranquilidade a Prado. Febvre gañou a manga e Gajser o GP logo de ser o máis regular durante o domingo

Na xeral, triunfo para Gajser con 763 puntos, con Seewer na segunda posición (657) e Prado (589) como terceiro, once máis que Renaux e catorce máis que Coldenhoff. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos