Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado remata de oitavo en Lommel

Jorge Prado remata de oitavo en Lommel

O piloto galego mantén o terceiro posto na clasificación xeral

G24.gal 24/07/2022 18:37

Jorge Prado rematou no oitavo posto o Gran Premio de Flandes de MXGP. O piloto galego saíu moi ben nas dúas mangas e acadou o holeshot pero na segunda caeu cando loitaba polo primeiro posto e custoulle recuperar o ritmo e rematou de décimo. 

O piloto lugués correu enfermo, pasou mala noite con febre e problemas respiratorios polo que o seu físico non aguantou tanto como adoita.

Sumados os resultados das dúas mangas, acadou o oitavo posto e mantense de terceiro na xeral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos