Jorge Prado manterá en Suíza o seu acoso a Tim Gajser
Jorge Prado manterá en Suíza o seu acoso a Tim Gajser
O galego gañou a carreira de cualificación e recuperou outro punto (está a 8)
Rubén Fernández volveu despois da súa lesión e quedou no oitavo posto
Jorge Prado mantén o acoso sobre Tim Gajser. Na carreira de cualificación do Grande Premio de Suiza sumou a vitoria por diante do esloveno e recuperou outro punto na clasificación xeral do Mundial de motocrós. Queda agora a oito puntos e este domingo agarda seguir limando a diferenza.
Volveu despois da lesión Rubén Fernández que saíu con moita forza encabezando a cualificación durante varias voltas. Pero o seu nivel físico está lonxe do resto de pilotos e acabou caendo ata a oitava posición.
Prado, que se gardou nos adestramentos libres da mañá, apertou os dentes e tentou distanciar a un Gajser que se pegou á súa roda consciente de que calquera que se metera polo medio lle podía quitar uns puntos preciosos. O duelo está listo para a proba, que veremos na G2 e Agalega.gal este domingo ás 14:00 e 17:00.