Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado e Rubén Fernández, no equipo de España para o Mundial das Nacións

Jorge Prado e Rubén Fernández, no equipo de España para o Mundial das Nacións

O terceiro piloto será o alacantino David Braceras

G24.gal 05/09/2023 11:21 Última actualización 05/09/2023 13:03

Jorge Prado, Rubén Fernández e David Braceras serán os integrantes do equipo que representará a España no Motocrós das Nacións que se disputará entre o 6 e o 8 de outubro na localidade francesa de Ernée.

A selección española chega en plena forma para ser unha das grandes protagonistas da cita máis importante do ano nesta disciplina, pois, xunto ao líder do mundial de MXGP Jorge Prado, estarán Rubén Fernández e David Braceras, que se estreará no Motocrós das Nacións baixo a dirección do seleccionador Paco Rico: 

"Con Prado, Fernández e Braceras estamos ante unha grande oportunidade para conseguir o mellor resultado da nosa historia e soñar coa vitoria. Os rivais serán moi duros, pero toda a estrutura ten a motivación e a calidade para estar diante, asistidos polos tres equipos de fábrica con toda a súa estrutura á nosa disposición", sinala na nota da Real Federación Motociclista de España o seleccionador Paco Rico.

"O obxectivo é claro, mellorar o resultado do ano pasado sen poñernos un teito, que se todo vai ben é posible conseguir e que, por suposto, non teño ningunha dúbida de que os pilotos van loitar por iso. Todos sabemos que o MXoN é unha carreira moi especial e que necesitamos un magnífico rendemento dos tres pilotos e as súas motos se queremos facer un gran resultado", agregou Rico.

O equipo contará como pilotos reserva con José Antonio Butrón, para as categorías MXGP/MXOpen, e con Oriol Oliver para MX2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos