Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Mira: "Somos un país con estacións e hai que facer o cambio de hora"

Jorge Mira: "Somos un país con estacións e hai que facer o cambio de hora"

O catedrático de eletromagnetismo da USC asegura que "toda a ciencia" oponse a establecer un horario fixo durante todo o ano

"Se mantemos o piñón fixo do reloxo, teremos un desfasamento con respecto ao ritmo solar"

 

Ricardo Rubio/Europa Press Ricardo Rubio/Europa Press
G24.gal 21/10/2025 10:43

O catedrático de eletromagnetismo da USC Jorge Mira oponse á petición do Goberno español de que se acabe co cambio horario e se manteña a mesma hora durante todo o ano.

"Se vivísemos en Kenya non teriamos que facer cambio de hora, pero como vivimos en España e en Galicia o horario de saída do sol cambia bastante en xuño con respecto a decembro", indicou nunha entrevista no 'Bos días'. Polo tanto, afirma, "se mantemos a piñón fixo o reloxo, teremos un desfasamento con respecto ao ritmo solar".

De producirse, afirma, o primeiro que habería que decidir é con que horario quedamos. "Se quedamos co de inverno, amencería entre as 5 e as 6 da madrugada durante os catro meses do verán. Se quedas co horario de verán todo o ano en Galicia amencería entre as 9 e as 10 durante catro meses ao ano".

Mira cre que facelo non tería sentido, e pon un exemplo: "Ti non podes poñer bermudas todo o ano en España e tampouco podes levar abrigo todo o ano porque morrerías de calor. Somos un país con estacións e hai que facer cambio de hora".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade