Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jordan Howard: “Estou preparado para darlle á cidade e ao equipo todo o que teño”

Jordan Howard: “Estou preparado para darlle á cidade e ao equipo todo o que teño”

Para Howard, a ACB é coñecida como a "mellor liga de Europa"

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 19/09/2023 14:48 Última actualización 19/09/2023 14:56

O Monbus Obradoiro presentou ao último das fichaxes en chegar a Santiago de Compostela. Jordan Howard, escolta norteamericano pero internacional por Porto Rico, pronunciou as súas primeiras palabras como obradoirista nas instalacións de Deportes Caneda, tenda oficial do club.

O xogador recibiu a benvida de parte de Óscar Rodríguez, membro do Consello de Administración do club:

“Gañamos a Copa Galicia sen el, así que esperamos que coa súa participación o equipo dea un salto de calidade. É un escolta con experiencia profesional en Italia e Francia, que vén de xogar coa súa selección o Mundial. Na súa posición daranos versatilidade e puntos, que é o que buscamos”.

O escolta norteamericano mostrouse “encantado e agradecido de estar en Santiago. É unha cidade fermosa”.

“Estou nun club importante. Atopei un grande adestrador e un magnífico equipo. Estou preparado para darlle á cidade e ao equipo todo o que teño”, engadiu.

Howard amosou a súa alegría por chegar á liga Endesa:

“Xoguei en varios países, en Francia e Italia, pero a ACB é coñecida como a mellor liga de Europa. Estou encantado de estar na mellor liga. O meu irmán contoume o dura que é, pero estou preparado”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade