Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jonathan Giráldez engade a Champions ao seu palmarés co Barcelona

Jonathan Giráldez engade a Champions ao seu palmarés co Barcelona

O preparador vigués, que xa conseguira a de 2021 como segundo adestrador, logrou o máximo galardón europeo 

G24.gal 04/06/2023 11:15

O preparador vigués Jonathan Giráldez proclamouse campión da Champions feminina no seu segundo intento co Fútbol Club Barcelona. Ademais non foi un título calquera senón que chegou despois dunha remonta espectacular diante do Wolfsburgo. Tamén celebrou o triunfo a galega Nuria Rábano, malia que non dispuxo de minutos nunha das finais máis espectaculares dos últimos tempos.

Adiantouse o equipo alemán cun 0-2 na primeira parte (Payor e Pop). Empatou cun dobrete Patri Guijarro ao pouco de comezar a segunda parte. E no 70, Rolfo facía o definitivo 3-2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade