Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joe Biden dá positivo en covid-19

Joe Biden dá positivo en covid-19

Imaxe compartida polo mandatario norteamericano no seu Twitter Imaxe compartida polo mandatario norteamericano no seu Twitter
G24.gal 21/07/2022 22:36

O presidente dos Estados Unidos deu hoxe positivo en covid-19. Joe Biden, de 79 anos, presenta síntomas leves da enfermidade e permanece illado na Casa Branca. A través das redes sociais, o mandatario difundiu unha foto no seu despacho, desde onde segue traballando.

Biden está vacinado e recibiu tamén as dúas doses de reforzo. O equipo médico da Casa Branca informou de que o van someter a un tratamento cun antirretroviral.

Tras coñecerse a nova, tanto a vicepresidenta Kamala Harris como a muller de Biden sometéronse a cadansúas probas, con resultado negativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade