Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jocelyne Saab: poesía da resistencia no ciclo Palestina Libre

Jocelyne Saab: poesía da resistencia no ciclo Palestina Libre

Foco Jocelyne Saab co crítico Martin Pawley en febreiro e marzo na AC Alexander Bóveda da Coruña

No filme O barco do exilio  Saab fai un retrato de Yasser Arafat en primeira persoa, cámara en man a bordo do buque Atlantis

As mulleres palestinas (1974) Jocelyne Saab
G24.gal 08/02/2024 12:26 Última actualización 08/02/2024 12:59

O ciclo de cinema Palestina Libre pon o foco na figura de Jocelyne Saab. Nacida en Beirut en 1948, Saab empezou a traballar a comezos dos 70 como xornalista e reporteira de guerra e iniciou unha espléndida carreira como directora, principalmente no ámbito do documental aínda que tamén realizou algunhas ficcións. Como muller politicamente comprometida prestou atención á causa palestina e o seu impacto directo no seu país, O Líbano.

Jocelyne Saab dálles voz ás mulleres palestinas, vítimas moitas veces esquecidas do conflito. Dúas sesións, este 8 de febreiro e o próximo 15 de marzo, na Asoc. Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, descobren parte da filmografía de Jocelyne Saab nun foco que dirixe o crítico Martin Pawley. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade