Publicador de contidos
Publicador de contidos

Joan Manuel Serrat, premio Princesa de Asturias das Artes 2024

Joan Manuel Serrat, premio Princesa de Asturias das Artes 2024

A este premio optaban un total de 50 candidaturas de 21 nacionalidades

G24.gal 24/04/2024 12:08 Última actualización 24/04/2024 12:23

O cantautor e compositor Joan Manuel Serrat foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes 2024, primeiro dos oito galardoes internacionais que convoca este ano a Fundación Princesa de Asturias e que fan con esta a súa XLIV edición.

O xurado leu do ditame ás 12:00 horas no Hotel Barceló Oviedo Cervantes e a este premio optaban un total de 50 candidaturas de 21 nacionalidades. Os Premios Princesa de Asturias están destinados, segundo sinala o seu regulamento, a galardoar "o labor científico, técnico, cultural, social e humanitario realizado por persoas, institucións, grupos de persoas ou de institucións no ámbito internacional".

Conforme a estes principios, o Premio Princesa de Asturias das Artes concederase "ao labor de creación, cultivo e perfeccionamento da arquitectura, a cinematografía, a danza, a escultura, a fotografía, a música, a pintura, o teatro e outras manifestacións artísticas".

Máis de 50 anos de carreira

Serrat  gravou máis de 500 cancións, máis de 40 discos e puxo música aos versos dos poetas máis grandes en español, como Antonio Machado, Miguel Hernández, Neruda, Benedetti, Alberti, Lorca ou León Felipe.

Autor de éxitos como Mediterráneo, Lucía, Penélope, Palabras de amor ou Cada loco con su tema, Serrat anunciou a súa retirada dos escenarios en 2021 coa xira El vicio de cantar 1965-2022, que pechou cunha memorable actuación no Palau San Jordi de Barcelona o 27 de decembro de 2022.

Serrat foi pioneiro da Nova Canço catalá e unha voz destacada contra a represión e inxustizas do réxime franquista, o que lle valeu arrestos, multas e mesmo o exilio en México durante un ano, pero tamén o protagonista do escándalo que supuxo a súa renuncia a cantar no festival de Eurovision en 1968 por non poder cantar en catalán o La, la, la co que gañou Massiel facéndoo en español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade