Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jesús e Álvaro: Ollos que non ven, corazóns que si senten

Jesús e Álvaro: Ollos que non ven, corazóns que si senten

Xuntamos a dous seareiros invidentes de Deportivo e Rácing de Ferrol que vivirán o enfrontamento entre galegos co programa de audio Escoita

G24.gal 30/08/2024 22:06

Jesús e Alvaro teñen moito en común. Os dous son apaixonados do fútbol. Un do Deportivo e o outro do Rácing. E os dous teñen un problema: apenas poden ver. Grazas a un programa de audio descrición chamado Escoita, o domingo, compartirán bancada no derbi. Dous días antes, xuntámolos nunha visita previa a Riazor na que comparten sensacións. 

Un derbi tamén pode ser o comezo dunha amizade. Un e o outro albiscan un partido igualado. Deportivo e Rácing chegan co peto moi baleiro. Ninguén parece telas todas consigo. Ambos poden dar fe de que, contrariamente ao vello dito, ollos que non ven, corazóns que si senten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade