Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jéssica Bouzas non tivo opcións ante a potencia de Jelena Ostapenko (6-3, 6-1)

Jéssica Bouzas non tivo opcións ante a potencia de Jelena Ostapenko (6-3, 6-1)

Despídese do Mutua Madrid Open en segunda rolda, pero deixando unha excelente imaxe

Foto EFE
G24.gal 25/04/2024 15:08 Última actualización 25/04/2024 16:04

A primeira aventura de Jéssica Bouzas no cadro principal dun WTA 1.000 concluíu a primeira hora da tarde deste xoves. Jelena Ostapenko, número 10 do mundo, gañadora de Roland Garros no 2017 non deu a menor opción á galega, cinco anos menor que a letoa, superada na pista número 3 da Caixa Máxica 6-3 e 6-1 en 1 hora e 6 minutos.

Ante unha golpeadora como Ostapenko, probablemente co xogo máis agresivo do circuíto profesional, á vilagarciá, de 21 anos e sen a penas experiencia aínda nas grandes citas, notóuselle a esixencia de disputar o seu cuarto partido en catro días en Madrid.

Con todo, Jéssica despediuse do Mutua Madrid Open en segunda rolda suscitando a admiración do público madrileño, que encheu as bancadas da pista 3 do complexo da Caixa Máxica atraído pola gran traxectoria e excelente xogo dunha deportista chamada a ser un dos referentes do tenis feminino español en pouco tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade