Cargando resultados...
Jessica Bouzas, convocada con España para as finais da Billie Jean King Cup
O combinado nacional xa está na China e enfróntase este mércores a Ucraína en cuartos
"Levo soñando moito tempo con representar a España"
G24.gal
15/09/2025 21:00
Jessica Bouzas xa é unha das fixas nas convocatorias de España para a Billie Jean King Cup. Desta quenda, a vilagarciá afronta a fase final do torneo internacional que se vai disputar na China. O equipo nacional complétano Paula Badosa, Cristina Bucsa, Leyre Romero, Aliona Bolsova e a capitá Carla Suárez.
Este mércores enfróntanse a Ucraína nos cuartos de final e no caso de avanzar ás semifinais, mediríanse á China, anfitrioa do torneo, ou a Italia, actual campioa.