Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier García, vpte. do Compos: "Os primeiros sorprendidos coa marcha de Quinteiro fomos nós"

Javier García, vpte. do Compos: "Os primeiros sorprendidos coa marcha de Quinteiro fomos nós"

"Agora só nos temos que poñer a traballar para organizar o equipo e poñer a andar isto"

G24.gal 28/06/2022 16:06 Última actualización 29/06/2022 13:16

Por Zona mixta pasou Javier García para falar da sorprendente nova da marcha de Quinteiro, presidente ata o de agora da S. D.  Compostela

Sorpresa para eles tamén

"A dimisión de Quinteiro colleunos por sorpresa. El deunos a opción de seguir ou marchar. Pero sempre o dixemos: estamos dispostos a abandonar o club cando faga falta. O título de presidente agora mesmo é o menos importante. Traballamos desde o 2016 sen ataduras económicas"

"Agora só nos temos que poñer a traballar para organizar o equipo e poñer a andar isto. Levamos un mes parados e hai que poñerse a funcionar, equipo, campaña de socios... "

O proxecto de Jota Peleteiro

"Os números desde 2016 están equilibrados. Desde ese momento só se gasta o que se ingrese. Ningún dos sete directivos asinamos as actas no tema Peleteiro. Concordamos coa operación, pero os contratos alleos non podiamos asinalos por consello dos avogados"

"A min gustábame que Peleteiro chegase ao Compos, pero eu particularmente non coñecía o proxecto de Jota. Con el vinme só un día. Imos arrincar a tempada e o proxecto, logo xa se verá o que se fai"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos