Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rueda: "Superagradecido e orgulloso, nunca tiven dúbidas"

Javi Rueda: "Superagradecido e orgulloso, nunca tiven dúbidas"

O defensa malagueño renovou co Celta ata xuño de 2029

Garcés: "Énchenos de orgullo que Javi estea aquí, é parte do proceso do que queremos facer"

G24.gal 25/11/2025 13:21 Última actualización 25/11/2025 14:08

Javi Rueda amplía o seu contrato co Celta ata o 30 de xuño de 2029. O futbolista malagueño converteuse nun dos xogadores máis importantes para Claudio Giráldez.

Coa vitoria en Áraba o club considera que esta semana, a pesar da viaxe que fará o equipo este mércores a Bulgaria para xogar a quinta xornada da Europa League ante o Ludogorets, é a ideal para facer pública a renovación do defensa nado hai 23 anos en Alozaina.

Este martes, o director deportivo do Celta e o xogador achegaron as súas primeiras reflexións.

Garcés: "Énchenos de orgullo que Javi estea aquí, é parte do proceso do que queremos facer. Tivo moitas ofertas doutros lugares".

Rueda: "Superagradecido e orgulloso. Desde o día que cheguei, nunca tiven dúbidas de que era un gran sitio".

Suma 442 minutos en Liga ao longo de oito partidos nos que marcou un gol e deu unha asistencia. En Europa League disputou tres encontros máis, un total de 135 minutos cunha asistencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos