Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Maneiro deixa Heredeiros da Crus e o grupo cancela os próximos concertos

Javi Maneiro deixa Heredeiros da Crus e o grupo cancela os próximos concertos

Ante esta noticia, a banda afirmou que está nun momento de "profunda conmoción", agradeceu a Maneiro todo o camiño percorrido e desexoulle o mellor

Tonhito de Poi e Javi Maneiro, dous dos Heredeiros Tonhito de Poi e Javi Maneiro, dous dos Heredeiros
G24.gal 24/11/2025 15:24

A banda Heredeiros da Crus anunciou que o seu vocalista Javi Maneiro decidiu "poñer fin" á súa etapa na formación e informou de que se cancelan os próximos concertos.

"O seu talento, enerxía e profesionalidade deixan unha pegada profunda na banda, nos escenarios e, por suposto, en cada unha das persoas que formamos parte deste proxecto", detallou a banda nun comunicado.

A continuación, agradeceron a Maneiro todo o camiño percorrido e deséxanlle o mellor en "esta nova etapa que agora inicia". Ante esta noticia, a banda afirmou que está nun momento de "profunda conmoción" e, polo momento, "non poden dar" máis información sobre o seu futuro.

Por iso, as actuacións previstas no Inverfest, que se celebra o 31 de xaneiro, e no Exporock, que será o 14 de marzo, quedan canceladas, así como suspenderon "todas as negociacións en marcha para 2026".

"Lamentamos as posibles molestias ocasionadas tanto ás organizacións como ás persoas que tiñan previsto acompañarnos nesas datas e agradecemos sinceramente a súa comprensión", sentenciou o grupo de música.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade