Segundo adeus da semana: Jaime Sánchez non continúa no Deportivo
A baixa do central únese á anunciada o pasado luns do defensa francés Pablo Martínez

O Deportivo informou este mércores de que o defensa Jaime Sánchez, que finaliza contrato co club o próximo 30 de xuño, non formará parte do cadro branco e azul na tempada 2025-26.
O futbolista andaluz chegou a Riazor na campaña 2021-22 procedente do CE Sabadell e, nestas catro tempadas como deportivista, disputou un total de 98 partidos oficiais, nos que marcou 2 goles e repartiu 1 asistencia.
O Dépor agradece ao canteirán do Real Madrid a súa “profesionalidade” e “compromiso” cos valores do equipo branco e azul, os cales o levaron, puntualiza no seu comunicado, “a converterse nun dos referentes para os seus compañeiros e afeccionados”.
A baixa de Jaime Sánchez únese á anunciada o pasado luns do defensa francés Pablo Martínez.
𝑫𝒆𝒑𝒐𝒓𝒕𝒊𝒗𝒊𝒔𝒕𝒂𝒔, 𝒍𝒆𝒗𝒂𝒓𝒆𝒊𝒗𝒐𝒔 𝒔𝒆𝒎𝒑𝒓𝒆 𝒏𝒐 𝒄𝒐𝒓𝒂𝒛𝒐́𝒏 💙 pic.twitter.com/nqWT7YMECJ
— RC Deportivo (@RCDeportivo) May 28, 2025