Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jácome, citado a declarar como investigado por un delito de apropiación indebida

Jácome, citado a declarar como investigado por un delito de apropiación indebida

O alcalde de Ourense terá que acudir ao xulgado o 13 de febreiro tras a denuncia presentada polo exconcelleiro de Democracia Orensana, Telmo Ucha

Europa Press Europa Press
G24.gal 01/12/2025 17:12

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, foi citado a declarar, en calidade de investigado, ante o Xulgado de Instrución nº1 de Ourense o día 13 de febreiro de 2026 por un suposto delito de apropiación indebida tras a denuncia presentada polo exconcelleiro de Democracia Ourensana no Concello de Ourense Telmo Ucha.

Segundo recolle a querela, o alcalde "ten dedicación exclusiva para o exercicio das súas funcións", cunha "asignación exclusiva de 74.850,30 euros", aprobada no pleno do 12 de xuño de 2023, pero "realiza actividades mercantís e privadas con grandes ingresos".

"O máximo mandatario sempre nos dixo que se dedicaba ao labor de goberno, parece ser que nos enganou non só aos seus entón compañeiros se non a toda a cidadanía", recalcou o denunciante.

O denunciante indicou, ademais, que o propio Pérez Jácome "recoñeceu levar a cabo actividades mercantís" e "cobrar outras cantidades a maiores das propias da dedicación exclusiva".

Nesta liña, sinalou que o rexedor ourensán "seguiu exercendo unha actividade empresarial" e "utilizando os ingresos do Concello, do partido e das contratacións" de maneira "absolutamente opaca e nada transparente", unha "actuación ilegal" que "debe implicar a devolución íntegra de todos os salarios percibidos en réxime de dedicación exclusiva, como mínimo, dos últimos catro anos".

Así mesmo, segundo recolle o auto xudicial emitido polo Xulgado de Instrución nº1 de Ourense, requírese ao Concello a remisión dunha copia de certificado "sobre os salarios recibidos polo alcalde durante o mandato 2019-2023 e 2023 ata a actualidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade