Publicador de contidos

Publicador de contidos

Illa estará ingresado dúas semanas ao fallarlle as pernas, pero non sofre patoloxías graves

Illa estará ingresado dúas semanas ao fallarlle as pernas, pero non sofre patoloxías graves

O president da Generalitat está ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do hospital Vall d'Hebron

Imaxe de arquivo de Salvador Illa. EFE/ Enric Fontcuberta Imaxe de arquivo de Salvador Illa. EFE/ Enric Fontcuberta
G24.gal 18/01/2026 19:56

O equipo médico do Hospital Vall d'Hebron de Barcelona descartou patoloxías graves vasculares ou tumorales no presidente da Generalitat, Salvador Illa, que permanecerá ingresado dúas semanas tras sufrir unha "perda de forza" en músculos das extremidades inferiores.

O director xerente de Vall d'Hebron, Albert Salazar, a xefa de Neuroloxía, Patricia Pozo, o director clínico do servizo de diagnóstico pola imaxe, Manel Escobar, e a xefa do servizo de Medicina Física e Rehabilitación, Judith Sánchez-Raia, informaron en rolda de prensa de que Illa se atopa ingresado na unidade de coidados intensivos, "estable, animado e con ganas de recuperarse".

Tras as proba practicadas, o equipo médico concluíu que Illa non sufriu ningunha patoloxía grave -nin ictus nin tumor, entre outras doenzas- e estase traballando para acabar de concretar o diagnóstico, aínda que todo apunta que a orixe da súa afección é inflamatoria.

O president deberá permanecer ingresado durante dúas semanas para seguir un tratamento de rehabilitación que lle permita recuperarse do "déficit motor" que presenta nas pernas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade