Fronte común do PP contra o modelo de financiamento de Sánchez
Feijóo di que Junqueras está inhabilitado pero que Sánchez o acaba de facer "ministro de Facenda"
Núñez Fejóo pídelle a Pedro Sánchez que retire a súa proposta de financiamento
Alfonso Rueda di que o modelo de financiamento de Sánchez "esnaquiza" Galicia
Un a un os presidentes autonómicos do PP, entre eles o galego Alfonso Rueda, asinaron, xunto con Feijóo, a "Declaración de Zaragoza". Un documento que reivincida o reparto igualitario e solidario entre territorios.
En referncia ao líder de ERC, Oriol Junqueras, Alberto Núñez Feijóo asegura que está inhabilitado pero que Sánchez o nomea "ministro de Facenda do Goberno de España".
No cumio, o presidente dos populares lanzou tres mensaxes: "O primeiro de apoio firme ao pobo de Cataluña, o segundo de reivindicación da igualdade de todos os españois e o terceiro de defensa da política como servizo público".
Feijóo pídelle a Sánchez que dea marcha atrás: "Ten que reverter as decisións que tomou para forzar o encaixe legal do que lle pide o separatismo e reinicie o proceso desde o principio nos foros comúns que é onde hai que facelo".
Núñez Feijóo dixo que se goberna presentará no primeiro mes un modelo de financiamento xusto, transparente e pensado para todos.
Ao remate do acto o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insitiu en que Galicia non está disposta a aceptar este modelo de financiamento.