Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Friol celebra o Samaín no seu campamento castrexo á beira do río
Houbo obradoiros, xogos tradicionais e un paseo das ánimas polo medio da vila
                            G24.gal
                        
                            02/11/2024 21:08
                        
                        
                                Última actualización 02/11/2024 21:28
                        
                        
                    
                    Friol celebra esta fin de semana a novena edición do Samaín, unha festa que este ano puido celebrarse no campamento castrexo que o concello ten á beira do río.
Obradoiros ou xogos tradicionais foron algunhas das actividades nas que participaron centos de persoas.
Foi unha xornada de convivencia onde se lles aprende aos máis cativos a facer candeas, colares de zonchos, a tratar a la ou a baleirar as cabazas.
Un paseo das ánimas polo medio da vila e unha queimada oficiada por un druída, con chocolate e touciñada pecharon o Samaín friolés.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
            
         
            
        