Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Villar está no mellor momento da súa vida deportiva

Iván Villar está no mellor momento da súa vida deportiva

Iván quere renovar: "Encantaríame continuar, é a miña casa. A miña familia en Aldán"

G24.gal 29/03/2023 16:17 Última actualización 29/03/2023 16:25

Esta mañá estivemos cun porteiro ao que dificilmente lle marcan un gol nos últimos tempos: Iván Villar.

É o momento da súa vida deportiva. Máis de 385 minutos sen encaixar, récord no Celta. Iván Villar asúmeo con tranquilidade, a tranquilidade que exhibe en cada partido para demostrar que é un meta de garantías:

"A base de confianza e paradas que salvan puntos".

Iván Villar quitouse de golpe o cartel de "eterno suplente" para converterse nun dos xogadores destacados deste Celta.

"Non cambiei nada. O fútbol ten estas cousas".

Estas cousas do fútbol fixeron que Villar pasase de ser o ano pasado terceiro porteiro no Leganés en segunda a un dos gardametas con mellores números en primeira.

Tres porterías a cero, tres paradas por partido e unha media de 0,8 goles son os números do porteiro cangués nestes sete partidos que leva dende a lesión de Marchesín.

Números aos que hai que engadir o récord de imbatibilidade dos últimos 20 anos no Celta. Iván Villar aguantou 441 minutos sen encaixar un gol, superando a marca de 385 minutos que tiñan Pinto e Rubén Blanco.

"Moita felicidade, esta marca cae en min pero é mérito dos compañeiros e dos adestradores".

Se cadra o gran momento do porteiro cangués podería acelerar a súa renovación. Remata contrato o ano que vén.

"Encantaríame continuar, é a miña casa. A miña familia en Aldán. O Celta é todo, levo desde os oito anos".

E igual que aspira con seguir moitos anos no Celta, soña tamén con chegar co equipo a cotas máis altas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade