Italia bloquea o novo pacto migratorio da UE
A negativa de Roma a protexer as ONG impide o pacto dos 27
Marlaska reduce as diferenzas a "pequenos matices"

As diferencias entre Italia e Alemaña impiden que os 27 acorden o novo Pacto Migratorio da Unión Europea. Roma esixe menor protección ás ONG que rescatan persoas no mar e que o seu labor non estea amparado pola Unión.
Aínda así, España, que ocupa a presidencia rotatoria do Consello, cre que o acordo é cousa de días. O que quedan son pequenos matices, detalles por puír, di o Ministro de Interior Fernando Grande Marlaska.
A Comisaria europea Ilva Johansson comparte esta visión, ata o punto de que ambos os políticos se comprometen a que en poucos días estea pechado.
Pero a negativa de Roma a protexer as ONG no Mediterráneo paralizou o acordo. Ás costas de Italia chegaron este ano máis de 100.000 migrantes, especialmente á illa de Lampedusa.
E iso que os procesos de asilo dentro deste futuro pacto migratorio serán máis difíciles para os refuxiados, longos e con maior autonomía dos Estados membros para rexeitaren as demandas de protección.
Tampouco haberá cotas de distribución entre os países, pero si compensacións económicas para os Estados receptores.