Cargando resultados...
Israel e as milicias palestinas pactan un cesamento do fogo
A violencia reavivárase tras a morte dun líder palestino nun cárcere israelí

G24.gal
03/05/2023 08:19
Última actualización 03/05/2023 08:58
A morte dun preso palestino reaviva as tensións entre Israel e Palestina. Jader Adnan era un coñecido preso da Xihad Islámica, todo un símbolo da resistencia. Faleceu nun cárcere israelí tras 86 días en folga de fame para protestar pola súa detención. A súa morte abriu a porta a unha nova escalada de violencia.
Nas últimas horas, as milicias de Gaza lanzaban decenas de foguetes e proxectís contra Israel. O exército de Netanyahu bombardeou a Franxa con tanques e avións de combate. Esta madrugada, Israel e os grupos armados palestinos anunciaban un cesamento do fogo recíproco e simultáneo.