Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel arremete contra España logo de que Hamas celebre o cesamento da embaixadora

Israel arremete contra España logo de que Hamas celebre o cesamento da embaixadora

O Ministerio de Exteriores de Israel di nunha mensaxe en X que "o pobo español debería preguntarse por que"

(Reuters/Dado Ruvic) (Reuters/Dado Ruvic)
G24.gal 12/03/2026 11:56

O Ministerio de Exteriores de Israel arremeteu este xoves contra o Goberno español, na súa primeira reacción oficial, despois de que o grupo islamita Hamas celebrase o cesamento da embaixadora de España en Israel.

"Cando Hamas e o réxime iraniano conforman o maior club de fans do presidente do Goberno español, o pobo español debería preguntarse por que", acusou Exteriores nun comunicado en X.

Este mércores, España cesou a embaixadora Ana María Sálomon Pérez, que levaba meses en España tras ser chamada a consultas o pasado 9 de setembro polo Executivo, no marco da crise diplomática con Israel polas medidas do goberno español en apoio a Gaza.

Coa súa suspensión, España igualou a súa representación diplomática coa que ten Israel en Madrid, xa que o Goberno do primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, xa retirara á súa embaixadora en maio de 2024, despois de que o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciara que se ía recoñecer Palestina como Estado.

Hamas celebrou o cesamento de Pérez, describíndoo como unha "continuación das honorables posicións do Goberno español e o seu pobo" contra o "xenocidio" palestino en Gaza, segundo un comunicado da organización.

Ademais, instou outros países para cortar as relacións diplomáticas con Israel. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade