Isabel Portela: “Os comentarios negativos impactan moitísimo no descanso do futbolista”
A especialista en sono da clínica do Celta investiga como dormen os xogadores
No #DiaInternacionaldoSono en Zona mixta quixeron ter a Isabel Portela, especialista en trastornos do sono no día en que se inauguraban as consultas na clínica da Sede da Fundación Celta.
Os futbolistas dormen peor
Ao preguntarlle por se os xogadores do Celta, e en xeral os futbolistas, descansan mellor ou peor ca outros deportistas, dixo.
“Cos datos que temos, vemos que os futbolistas non dormen ben”.
"Non podemos falar aínda dunha cantidade de horas exacta, o proceso de investigación non rematou, pero os ciclistas dormen de media 45 minutos máis cós futbolistas".
As redes sociais e a presión, responsables
A doutora Portela recomenda os xogadores do Celta que deleguen as súas redes socias en expertos para non sufrir a presión que implican:
“Os comentarios negativos impactan moitísimo no descanso dos futbolistas”.
"Como son cousas persoais, non comento cos xogadores con que soñan. Imaxino que con goles errados, con éxitos...".
“Cun deportista que se pon moi nervioso antes dunha competición estamos probando un equipo de neuromodulación que induce que as neuronas entren en sono moi profundo e se relaxe de xeito natural. Estamos tendo resultados moi bos”.