Isabel II fai 96 anos e celebra 70 de reinado neste 2022
Isabel segunda é raíña desde o ano 1952 e este ano está a celebrar o xubileu de platino do seu reinado, o primeiro na historia británica
A raíña celebrará oficialmente o xubileu de platino entre o 2 e o 5 de xuño

A raíña Isabel II celebra o seu 96 aniversario en privado. Con motivo do seu aniversario, a familia real británica publicou un chío en Twitter cunha foto da raíña cando tiña dous anos.
Happy Birthday Your Majesty!
— The Royal Family (@RoyalFamily) April 21, 2022
Today as The Queen turns 96, we’re sharing this photograph of the young Princess Elizabeth aged 2.
Then, in 1928, it was never expected she would be Queen, and this year Her Majesty is celebrating her #PlatinumJubilee - a first in British history. pic.twitter.com/DnwsMU81I3
Neste chío pódese ler: "Parabéns á súa maxestade! Hoxe a raíña fai 96 anos, compartimos esta fotografía da princesa Isabel aos 2 anos. Logo, en 1928, nunca se esperou dela que fose raíña, e este ano a súa maxestade está celebrando o xubileu de platino, por primeira vez na historia británica".
A familia real británica fixo a mesma publicación na súa conta de Instagram. Onte, pouco antes das doce da noite, xa publicaban a última foto oficial de Isabel II. Na instantánea, tomada hai un mes nos terreos do castelo de Windsor, vese a raíña cos seus dous ponis. Esta foto a cuarta da serie histórica de fotos publicadas polo Royal Windsor Horse Show, para celebrar os xubileos do seu trono.
Tamén apuraron a felicitala nas redes sociais o seu neto Guilllerme, o duque de Cambridge, e a súa dona, Catarina. Ambos publicaron na súa conta de Instagram unha fotografía acompañando a raíña de Inglaterra, cun texto en que describen a soberana como "unha inspiración para moitos no Reino Unido".
O texto di: "Desexando á súa maxestade a raíña un moi feliz 96 aniversario hoxe! Unha inspiración para moitos en todo o Reino Unido, a Commonwealth e o mundo, e é particularmente especial celebralo no ano do xubileu de platino.
A raíña, que este ano celebra os seus 70 anos no trono, atópase hoxe na súa residencia de Sandringham, no leste de Inglaterra, onde sempre pasa o Nadal e que era considerado o lugar predilecto do seu marido, o duque de Edimburgo, falecido hai un ano.
Os duques de Cambridge tamén publicaron a mesma mensaxe na rede social Twitter, acompañada da mesma foto de Instagram e doutra fotografía en que se ve a Isabel segunda acompañada do seu marido, Filipe de Edimburgo, e de todos os bisnetos.
Wishing Her Majesty The Queen a very happy 96th birthday today!
— The Duke and Duchess of Cambridge (@KensingtonRoyal) April 21, 2022
An inspiration to so many across the UK, the Commonwealth and the world, it’s particularly special to be celebrating in this #PlatinumJubilee year. pic.twitter.com/iWfyorcd8I
O destino de Isabel II cambiou cando o seu tío, o rei Eduardo VIII, abdicou en 1936 e ela, filla do rei Xurxo VI, converteuse en princesa herdeira, asumindo o trono en 1952.
A raíña celebrará oficialmente o xubileu de platino entre o 2 e o 5 de xuño, cando haberá unha variedade de eventos, incluíndo un gran desfile das gardas reais.
A raíz do xubileu, o fabricante de xoguetes estadounidense Mattel lanzou unha boneca Barbie inspirada na raíña, vestida de branco, cunha tiara e unha faixa azul.