Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irene Ferreras será a primeira adestradora que dirixa o Deportivo Abanca

Irene Ferreras será a primeira adestradora que dirixa o Deportivo Abanca

Foi adestradora do Raio Vallecano, do Valencia, e segunda técnica do Real Madrid

G24.gal 13/06/2022 16:23 Última actualización 13/06/2022 17:08

Irene Ferreras converterase na substituta de Miguel Llorente. Ademais, será a primeira adestradora que dirixa o Deportivo. Antes de ser adestradora, Irene Ferreras foi xogadora, concretamente porteira.

Deixou de xogar por culpa dunha inoportuna lesión nas costas que fixo que se tivese que retirar antes de tempo. Nada en Madrid en 1989, será a próxima encargada de buscar o ascenso co Dépor Abanca. Na súa carreira como futbolista estivo no Atlético B, Pozuelo e nun Raio Vallecano co que conseguiu os seus maiores logros a nivel de títulos. De feito, xustamente foi o equipo co que deu o salto como primeira adestradora.

Unha vez colgou as botas, pasou polo corpo técnico do Olímpico de Madrid, La Solana e posteriormente regresou ao Raio Vallecano. Converteuse en 2018 na adestradora do Raio Vallecano con quen conseguiu quedar en media táboa. Do conxunto albivermello pasou ao Valencia, para o pasado verán facer de segunda adestradora no Real Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade