Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha violación grupal a unha nena de 12 anos en Valencia e unha agresión máis a outra menor

Investigan unha violación grupal a unha nena de 12 anos en Valencia e unha agresión máis a outra menor

As dúas nenas quedaran a través de Instagram cos supostos agresores nunha vivenda abandonada de Burjassot

G24.gal 18/05/2022 10:43 Última actualización 18/05/2022 21:19

A Policía Nacional está a investigar unha presunta agresión sexual a dúas menores ocorrida na localidade valenciana de Burjassot o luns pasado, unha delas en grupo.

Fontes da Policía confirmaron a EFE que a Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) leva a cabo a investigación, sen que polo momento informasen das circunstancias dos presuntos delitos nin da idade das menores.

O periódico 'Levante-EMV' informa este mércores sobre o suceso. Nesa información explican que as dúas agresións se produciron o luns á tarde no mesmo lugar, unha casa abandonada de Burjassot, nas proximidades co termo de Godella, na área metropolitana de Valencia

Segundo publican, as dúas nenas quedaron con dous mozos a través de Instagram. Cando un dos rapaces tratou de manter relacións cunha delas, esta negouse e o suposto agresor obrigouna de forma violenta.

Mentres tanto, catro amigos dos rapaces acudiron a esa casa abandonada e violaron en grupo a segunda nena, mentres a primeira conseguiu escapar do lugar. Nesa fuxida avisou unha terceira amiga, que alertou a seus pais do que pasaba e estes chamaron a Policía Nacional.

Unha vez localizadas, as nenas trataron de atribuír a "unha broma" a petición de axuda, pero os pais dunha delas levárona a un hospital, onde se confirmaron sinais compatibles cunha agresión sexual, segundo publica o xornal levantino.

A investigación policial céntrase nestes momentos en tratar de identificar os supostos agresores, a quen as nenas non coñecían de antes. Polo momento non se produciron detencións

Publicidade
Publicidade
Publicidade