Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un veciño de Tui que abandonou cachorros nunha estrada

Investigan un veciño de Tui que abandonou cachorros nunha estrada

Tiña varios animais na casa en malas condicións

G24.gal 14/03/2024 12:30

Un veciño de Tui permanece investigado tras ser identificado como responsable do abandono de tres cachorros nunha estrada e, máis tarde, descubrirse que tiña no seu domicilio varios animais en malas condicións.

Axentes do Seprona recibiron o aviso por parte das protectoras de animais de Tui e Valença do Miño de que foran vistos tres cachorros nunha estrada que foran abandonados por un vehículo con matrícula española.

Desprazados a esta estrada, os axentes localizaron os cachorros, ademais de decatarse de que había outro can morto na beiravía da PO-340. O investigado reside nunha casa da contorna, na que tiñan constancia de que alí había animais en condicións hixiénicas "moi deficientes".

A patrulla do Seprona mobilizada observou desde o exterior da casa que había varios cachorros "de características similares aos abandonados", que o investigado aceptou entregar á protectora.

Por mor destes feitos, o Seprona levou a cabo unha inspección na casa, onde localizaron animais "nunhas condicións hixiénico-sanitarias deficientes, con grande acumulación de esterco e zonas asolagadas por auga".

Así, a Garda Civil formulou unha denuncia por abandono e malos tratos animal contra este home, que conta con antecedentes policiais por feitos similares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade