Cargando resultados...
Investigan un roubo nunha residencia de maiores de Oleiros
Levaron os cartos da caixa forte, sen causar máis danos

G24.gal
06/05/2022 12:07
A Garda Civil mantén aberta unha investigación para tratar de esclarecer o roubo rexistrado nesta residencia de maiores de Oleiros.
Unha ou varias persoas forzaron a caixa forte para levar os cartos, unha cantidade que non transcendeu aínda. O que si se sabe é que actuaron sen romper portas nin cristais.
Fontes da investigación están a revisar as cámaras de seguridade do centro, para intentar avanzar na investigación.