Publicador de contidos

Investigan se a chegada irregular de inmigrantes o aeroporto de Palma foi planificada

Investigan se a chegada irregular de inmigrantes o aeroporto de Palma foi planificada

Hai doce detidos que deambularon polas pistas e as autoridades buscan outros doce fuxidos

Os detidos foron interrogados e a investigación continúa aberta

O aeroporto quedou paralizado durante tres horas e centos de persoas víronse afectadas

G24.gal 06/11/2021 21:02

Hai doce detidos en relación co incidente vivido a noite do venres que paralizou durante horas o aeroporto de Palma de Mallorca. Investigan se a entrada irregular dunha vintena de persoas foi planificada.

Os pasaxeiros que se deron á fuga e que despois foron detidos teñen un expediente de devolución ao seu país de orixe.

Das 24 persoas que non continuaron a viaxe, doce foron detidas e búscase as outras doce que fuxiron.

A hipótese que collía máis forza sobre o incidente vivido no aeroporto de Palma é a de entrar en España de maneira irregular.
A investigación continúa aberta e traballase para averiguar se estaba planificado. 

"Non temos ningún dato que nos permita afirmar a día de hoxe que se trate dunha operación orquestrada e que por tanto esteamos ante unha operación planificada ou ante unha chegada evidentemente irregular de persoas que formen parte dun plan deseñado con anterioridade", dixo Aina Calvodelegada do Goberno nas Baleares.

Un pasaxeiro que supostamente simulou un coma diabético obrigaba a aterrar de emerxencia na illa balear un avión que partira de Casablanca destino Istambul. Foi nese momento de confusión cando unha vintena de pasaxeiros aproveitaron para fuxir correndo polas pistas.

O suposto enfermo recibiu a alta tras pasar por un hospital e foi detido por un delito de favorecemento da inmigración ilegal e infracción da lei de estranxeiría. 

O incidente provocaba o peche do aeroporto durante algo máis de tres horas. Centos de persoas víronse afectadas. 

"Tiñan que esperar a que atoparan estas persoas e dicíannos que podían atopalas en media hora, nunha hora ou en catro... e quen queira esperar que espere, o que queira xestionar cambios de voos que os vaia xestionando", dicía un dos pasaxeiros.

Segundo as autoridades, os pasaxeiros detidos "teñen o seu expediente de devolución e serán devoltos ao seu país de orixe, Marrocos, cando a autoridade xudicial o determine" 

Publicidade
Publicidade
Publicidade