Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o roubo da coroa da Virxe de Santa Ana, en Oleiros

Investigan o roubo da coroa da Virxe de Santa Ana, en Oleiros

É cuarto asalto a unha igrexa da zona no último mes

G24.gal 26/07/2022 14:28

O que levaron os ladróns que entraron de madrugada na igrexa de San Xulián de Serantes, en Oleiros foi a coroa da Virxe de Santa Ana. Hoxe, que é precisamente cando nesta vila o que se celebra é a súa festividade.

Para acceder ao interior forzaron unha fiestra e romperon un cristal, e unha vez dentro tamén forzaron a vitrina na que se garda a imaxe. As perdas aínda están pendentes de cuantificar, pero, segundo comentan os veciños, é máis polo valor simbólico que ten a imaxe que polo económico. Este roubo é o cuarto de características similares que se rexistran na zona neste último mes. 

Na noite do San Xoán entraron nas igrexas de Perillo e Maianca, e poucos días despois fixeron o mesmo na igrexa de Dorneda. Feitos que están a causar unha certa alarma na comarca, e polo que xa son moitas as voces que piden que se reforce a vixilancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade