Investigan o exministro Bernat Soria por tentar eludir o pago dunha débeda

O Xulgado de Instrución 6 de Granada procesa o exministro de Saúde Bernat Soria por un delito de frustración da execución, despois de que transmitise os seus activos ás súas dúas fillas, ao parecer sen xustificación económica e co suposto gallo de eludir o pago dunha débeda de 400.000 euros.
Segundo recolle o auto, o xulgado acordou que as dilixencias previas contra Soria e as súas dúas fillas sigan como procedemento abreviado, polo que dá traslado á Fiscalía e ás acusacións acudidas para que formulen escrito de acusación, pidan o arquivo da causa ou, excepcionalmente, a práctica de probas complementarias.
A causa ten a súa orixe nunha sentenza de maio de 2021, na que un xulgado de Sevilla estimou de forma íntegra unha demanda formulada por unha sociedade contra Bernat e outros, condenados ao pago conxunto e solidario da suma 400.000 euros, por unha débeda por mor dun contrato de préstamo no que os demandados foron fiadores ou avalistas.