Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan como crime machista o asasinato dunha muller en Alcobendas

Investigan como crime machista o asasinato dunha muller en Alcobendas

A morte ocorreu na madrugada do pasado 3 de marzo, e a policía detivo o exmozo da vítima

G24.gal 13/03/2023 20:04

A Policía Nacional investiga como un posible caso de violencia machista a morte violenta dunha muller de 33 anos na localidade madrileña de Alcobendas.

A vítima sufriu un forte golpe na vía pública sobre as 03:00 horas da madrugada o pasado 3 de marzo.

Á chegada dos servizos sanitarios, a muller presentaba un traumatismo cranioencefálico severo e foi trasladada a un centro hospitalario en estado moi grave. Despois de estar ingresada en coma, acabou falecendo.

Tras o ocorrido, a Policía detivo o seu exmozo como principal sospeitoso dos feitos. O home prestou declaración e quedou en liberdade con medidas provisorias.

A investigación continúa aberta e está baixo segredo.

De confirmarse a natureza machista desta morte, as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano ascenderían a 11. Son 1.193 desde 2003, cando comezaron os rexistros.

O 016 atende a todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 52 idiomas diferentes e non deixa rastro na factura.

Tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600000016 e os menores poden dirixirse ao teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade