Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan as ameazas a un edil de Cee

Investigan as ameazas a un edil de Cee

Juan Ramón Hermida, de Ciudadanos, di que o suposto acoso vén dende finais do verán

G24.gal 09/02/2022 14:26

A Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña investiga as ameazas que recibiu un concelleiro de Cee.
Juan Ramón Hermida, de Ciudadanos, di que este suposto acoso se vén sucedendo dende finais do verán.

Denuncia que hai unhas semanas dispararon de madrugada sobre o seu vehículo e o portalón da súa vivenda. Por sorte, non houbo feridos. Tamén recibiu unha carta manuscrita cunha bala no interior instándoo a deixar a política.

O concelleiro non quere facer declaracións, porque a causa está xudicializada. Polo momento aínda non hai detidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade