Cargando resultados...
Investigan a pintada feita na estatua de Lorca na Alameda de Santiago
Diferentes institucións e colectivos, incluído o consistorio, condenaron o acto vandálico

G24.gal
12/12/2021 18:25
A Policía Local de Santiago investiga unha pintada na estatua de Lorca da Alameda. Uns veciños alertaron a primeira hora da mañá deste acto vandálico e os axentes que se desprazaron ata o lugar abriron unha investigación sobre o suceso.
Diferentes institucións e colectivos, incluído o consistorio, amosaron a súa condena e repulsa. Unha restauradora achegouse ata o lugar este serán para intentar limpar a pintada de cor branca, que finalmente foi cuberta ata completar a reparación.
A peza, esculpida por Álvaro de la Vega, instalouse na Alameda o 25 de outubro do ano pasado, coincidindo co Día de Federico García Lorca en Galicia.