Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil fai medicións na praia de Silgar onde morreu un bañista golpeado por unha lancha

A Garda Civil fai medicións na praia de Silgar onde morreu un bañista golpeado por unha lancha

Unha das cuestións que se investiga é se a embarcación estaba adestrando para competir

As balizas non estaban postas por non ser aínda temporada de baño

G24.gal 18/04/2022 14:16

A Garda Civil mantén aberta a investigación para tratar de esclarecer completamente as circunstancias e os detalles do tráxico suceso. De feito tomaron fotos e fixeron medicións na zona do sinistro na praia de Silgar de Sanxenxo contra as 6 da tarde do Venres Santo.

A vítima, un veciño da Coruña de 59 anos, era golpeado por unha embarcación deportiva cando nadaba na compaña dun amigo, que saíu ileso. Segundo parece, estaban na zona de baño, a menos de 200 metros da beira do mar, pero ao non ser temporada de verán non están colocadas aínda as balizas que marcan eses límites.

A embarcación, que pode acadar os 150 km/h, en que ían dúas persoas e que xa tiña un título no campionato de España do ano pasado, podería estar adestrando no momento do accidente para o campionato de 2022 que se celebrará en Málaga esta fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade