Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home en Silgar tras ser golpeado por unha lancha

Falece un home en Silgar tras ser golpeado por unha lancha

Unha embarcación particular recolleu á persoa e trasladouna ao porto de Sanxenxo, onde os servizos médicos desprazados só puideron confirmar o seu falecemento

G24.gal 15/04/2022 19:24

Un home de 59 anos  perdeu a vida na tarde deste venres despois de ser golpeada no mar por unha embarcación en Sanxenxo.

Os feitos sucederon na Praia de Silgar, uns minutos despois das18:00. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do suceso.

Nada máis recibir o aviso,  o CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca I. Ademais, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e do GES de Sanxenxo.

Un compañeiro que nadaba con el resultou ileso. Ao parecer, ambos estaban dentro da zona de baño da praia, que aínda non ten as boias para limitar o acceso das embarcacións á zona menos profunda. O barco que os atropelou non os viu.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, unha embarcación particular recolleu á persoa e trasladouna ao porto de Sanxenxo, onde os servizos médicos desprazados só puideron confirmar o seu falecemento. A Garda Civil investiga os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade