Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado un veciño de Pontevedra por tráfico de tallas de marfil de animais protexidos

Investigado un veciño de Pontevedra por tráfico de tallas de marfil de animais protexidos

O valor económico das pezas é de 32.000 euros

Incautáronse 66 pezas (Europa Press) Incautáronse 66 pezas (Europa Press)
G24.gal 08/01/2024 12:12

A Garda Civil de Ourense tomoulle declaración a un veciño de Pontevedra investigado como presunto autor dun delito contra a fauna por tráfico de tallas de marfil. Concretamente, as tallas intervidas son de elefante, cachalote, candorca e hipopótamo, segundo o Ministerio de Transición Ecolóxica.

Trátanse de animais incluídos no convenio Cites (regulador da prevención do movemento transfronteirizo de especies en perigo de extinción e o tráfico doutras especies de animais e plantas silvestres). Teñen un grao de protección "estritamente protexido" e requiren documentación expedida polos organismos competentes que acrediten a súa orixe legal.

Segundo informa a Garda Civil, nesta operación, chamada Cinquecento, comisáronse 66 pezas de marfil suxeitas á regulación do convenio, que carecen de documentación que acredite a súa legal tenza.

As investigacións iniciáronse en setembro de 2022 tras localizar nun domicilio de Pontevedra varias tallas, das que se non se acreditaba a procedencia. O valor económico destas pezas está taxado en 32.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade