Investigado un condutor de Miño por ir dúas veces nun día en sentido contrario
Nunha das dúas ocasións chegou a impactar contra un camión, pero non detivo a súa marcha

A Garda Civil investigou un veciño de Miño (A Coruña) como suposto autor de dous delitos contra a seguridade viaria, ao circular en sentido contrario dúas veces no mesmo día.
A Garda Civil detallou este xoves que os feitos ocorreron na AC-12 no termo municipal de Oleiros (A Coruña) e na AP-9F ao seu paso por Guísamo (A Coruña).
Varias persoas avisaron sobre as oito da mañá de que un coche estaba a circular pola AC-12 en sentido contrario e un deles, o condutor dun camión, explicou que tratou de esquivalo pero igualmente o turismo impactou no seu vehículo, aínda que este continuou a marcha sen deterse.
Pola tarde, ás 19:00 horas, a Garda Civil volveu recibir o aviso dun turismo circulando en sentido contrario pola AP-9F.
Os axentes iniciaron unha investigación e lograron identificar o vehículo e o seu condutor, que foi investigado por dous delitos contra a seguridade viaria.